Por motivos de dispoñibilidade do pavillón da rúa Castelao nº 13, o Liceo Casino de Vilagarcía ten que retrasar o comezo do TORNEO DE VERÁN LICEO CASINO – TROFEO RUBITEL.
Aproveitando este aprazamento a organización do citado torneo de baloncesto quere abrir a participación neste evento a todos os cidadáns de Vilagarcía e fomentar a participación nos equipos de deportistas femininas ben formándose equipos mixtos ou femininos, polo tanto queda ampliado o prazo de inscrición de equipos ata o día 30 de xullo de 2008 ás 18:00. Todos os equipos deberán cumprir coas normas de inscrición e participación que se establecen no regulamento de competición.
A limitación de xornadas ás dispoñibilidades de pista nos pavillóns municipais só permite que se inscriban un máximo de oito equipos que disputarán unha fase regular a unha volta, con enfrontamentos entre todos os equipos e unha fase final por eliminatorias, nas que os primeiros clasificados serán nominados como cabeza de serie.
A primeira xornada terá lugar o día 1 de xullo ás 20:45 horas da tarde co partido inaugural que disputarán os equipos HIPERFERRO e IMPEX EUROPA-SOLD OUT, campión e finalista da pasada edición de 2007, coa disputa deste encontro poderase comezar a calibrar a potencia de dous equipos claros candidatos a encabezar a liga e candidatos a disputar a final, que se celebrará o día 14 de agosto de 2008.
2 comentarios:
Para empezar a animar el cotarro, digo: bonita forma de comenzar. O sea, que menda, por ejemplo, paga 18 euros al mes por ser socio, o sea, 234 euros al año (36.000 pelas). Con la coña de que el torneo se "abre" a "todos los ciudadanos", estos, los ciudadanos, sólo tienen que pagar aprox. 18 euros (si no tienen patrocinador). En definitiva, un socio paga por jugar 234 euros (39.000 cucas) y un "ciudadano", 18 (3.000 pelas). ¿Ta claro, no? Pues que vayan preparando mi baja como socio, que para otra me inscribo como ciudadano. Es lo que tiene la democracia: un hombre, un bote.
Estimado Manuel: las circusntancias que rodearon el comienzo del torneo no dejaron margen de maniobra a la organización. O se aceptaban las indicaciones de provenían de la Fundación o a jugar a Carril.
Están a tú disposición las resoluciones de la Fundación de Deportes para que compruebes el poco margen de maniobra que dejaron a la organización.
Publicar un comentario