viernes, 9 de octubre de 2009

Partido de Presentación do Liceo Casino de Vilagarcía

O Venres ás 21:15 o Liceo Casino de Vilagarcía da liga FGB xogará un partido amistoso de presentación contra un rival da súa liga, o equipo do Club Xuventude Baloncesto de Cambados da FGB.

O partido servirá de presentación non só do equipo sénior, senón tamén dos equipos das categorías inferiores do Liceo Casino, que este ano contará con equipos Junior, Cadete Masculino e Feminino, Infantil Masculino e Feminino, e varios equipos Minibasket.

No hay comentarios: